Imprimir

O cruceiro de Santa Cristina de Fragoso

Lavadores ten, segundo o último censo, 16.762 veciños, sendo unha das parroquias máis populosas da comarca de Vigo. Foi concello de seu durante 104 anos, dende a desaparición administrativa do Reino de Galicia ata o ano 1941, cando Vigo o anexionou trala guerra. Daquela, a actividade sindical dos obreiros e mariñeiros de Lavadores fixo que a parroquia collese o nome de 'Rusia pequena'. Anteriormente, Lavadores convertérase nun dos núcleos do agrarismo, redactándose no 1912 o Manifesto de Agosto, encabezado polo frade Basilio Álvarez.

De Lavadores foi tamén o indiano Ramón Nieto, que pulou polo desenvolvemento do seu concello dende a emigración en Chile, e que fundou as escolas Nieto. Tamén é de aquí o gaiteiro do Fragoso, Henrique Otero Covelo, insigne instrumentista, representante dunha vizosa vida musical na que se pode destacar a actividade da agrupación folclórica Froles Novas. A parroquia de Lavadores ten unha vida asociativa moi dinámica e conta con 30 colectivos.

 Os seus límites parroquiales eran con Santiago de Vigo, con San Salvador de Teis, San Pedro de Sárdoma, Santiago de Bembrive e con Sta. Mariña de Cabral. Desaparecido co tempo o Municipio de Lavadores e unida a zona do Calvario á cidade de Vigo, co crecemento da poboación nacen as novas parroquias de Ntra. Sra. De Fátima e de San José Obreiro nos seus límites, pero aínda se estende Sta. Cristina desde o Calvario ata a zona de Barreiro.

Segue crecendo a poboación na zona e novas divisións de Parroquias, saídas todas da Igrexa matriz, a saber: A Inmaculada e San Pablo no Calvario, San Juan Bautista, Sampaio de Lavadores, Sta. Clara e Sta. Teresa na zona cara a Barreiro e a última da nosa Señora da Paz, na zona moi poboada do Sobreiro.

Santa Cristina de Fragoso, en época medieval estivo situada no val do Fragoso, onde ao parecer, esta primitiva Igrexa parroquial foi levantada no ano 1201. Logo foi trasladada ao lugar onde hoxe está situada. Foi totalmente reconstruída no século XIX en estilo neoclásico no último terzo 1.985. Utilizáronse algúns dos seus materiais para o mesmo.

No ano 1881 sufriu unha profunda reparación e conserva do seu antigo edificio románico a fachada, alzadas laterales, canecillos históricos no seu beirado con figuras de persoas, animais, etc.

 Na última etapa construíronse ventás ojivales e as arcadas en pedra que separan a nave central do Presbiterio e outra que o separa da Sancristía.  

1852

…Llamase Labadores por razon de un lugar que tiene asi nombrado, y en el se conserba una fuente tambien con titulo de Labadores.

En la información de los milagros de San Pedro Telmo recibida por los años de 1258. ya se hace mención suya con el nombre de Santa Cristina en Fragoso, e igualmente solo con el de Fragoso, que es la parroquia de la que hablamos: mas se espresa en ella á Tambeses en Fragoso, lugar de la misma, que hoy se dice Cambeses.

… Habitanla 224. vecinos, que pertenecen por lo contencioso al Juez de Vigo, y por lo politico y gobernativo al Procurador general del Valle de Fragoso.

… La iglesia vecinal es edificio bastante antiguo, hizose en el año de 1201. según se deduce de un letrero que mantiene grabado en el lienzo de pared del norte por la parte esterior en que se lee esto:   C.M.CC.XXXIX 

AVILA Y LA CUEVA  

1949

…“Sobre la puerta principal, el nuevo templo tiene una hornacina ocupada por el Cristo que formó parte del crucero, que dio nombre al popularísimo e importante barrio del Calvario.

 … En el atrio hay un añoso castaño, cuyo retorcido y resquebrajado tronco tiene 5,30 metros de circunferencia, constituyendo el ejemplar más notable de la comarca.” [1] 

JOSE ESPINOSA RODRIGUEZ, EN Tierras de Fragoso, 1949, páx. 85


[1] refírese ao adro e a igrexa de Santa Cristina de Lavadores.

  Octubre 2009

 Según Pucho, da Asociación de Veciños de Lavadores: 

 Cruceiro do cruce da rúa do Cristo con Urzáis: valioso cruceiro que desapareceu do séu lugar original po-los anos 1933/1936.

 En dito lugar se había formado po-los veciños unha barricada para a defensa contra as tropas chamadas “nacionales”, que non poideron repeler e se trasladaron a Pardavila co mesmo propósito.

 Co ataque a barricada, o lugar foi arrasado de tal maneira que foi destruido o cruceiro.         

 Tal vez, e por desgracia, é probable que a versión máis acertada é a de que o cruceiro do cruce da rúa do Cristo foi destruido na refrega, ou se trata do cruceiro do lateral da fachada da igrexa de Santa Cristina.